2 de mar. de 2019

14-F. Día do Amor e da Amizade

O día de San Valentín é unha festividade de orixe cristiá que se celebra anualmente o 14 de febreiro para conmemorar as supostas e nunca demostradas boas obras realizadas polo bispo San Valentín de Roma (século III), quen, segundo a lenda, acabou decapitado por casar soldados nos cárceres do imperio, feito prohibido polo emperador Claudio II, pois consideraba o casamento incompatible coa carreira de armas. Eran tempos nos que o cristianismo estaba prohibido. 
En realidade, a festividade creouna a Igrexa Católica como contrapeso das romanas Lupercais, festas pagás con orxías desenfreadas que celebraban o sexo e a fecundidade.
A festividade de San Valentín -santo do que os historiadores non teñen constancia- borrouna do calendario eclesiástico a Igrexa Católica en 1969, nun intento de Xoán XXIII de eliminar santos de orixe lendaria, se ben se seguiu celebrando nalgunhas parroquias. Ortodoxos, anglicanos e luteranos tamén o veneran.  

En Europa, a celebración data de mediados do pasado século, estimulada para incentivar a compra de regalos. A responsable do éxito en España foi en concreto a cadea de grandes almacéns Galerías Preciados cunha intensa campaña publicitaria en 1948. Actualmente o San Valentín perdeu o valor relixioso e é unha festividade laica. Chámase tamén Día dos Namorados ou Día do Amor e da Amizade.

O alumnado do centro deixou frases e até versos con motivo desta celebración. Pódelos ler nos seguintes PDF (preme enriba e cando abra verás as páxinas dándolle cara abaixo):

   

19 de maio de 2014

Poemas de amor -

DÉIXAME ESMORECER, ALEIVOSO AMOR

Cruel es ti, amor,
razón da tristura que me asolaga,
seca, praga, peste, inmensa vaga
que me fas sufrir con grande  dor .

Chuvia, pranto, tortura,
terrible tormento
que me fas, en todo momento,
perder esperanza e cordura.

Fóra, larga de aquí!
Vaite deste reino,
e regresa xa ao teu inferno,
onde pervive a inocencia que perdín!

Non quero recordar máis, corazón,
a aquela muller impía
que no máis xélido día
sen remordementos me asasinou.

Non, amor, esquéceme, non quero sentir
A cálida sensación da primavera
Nin a inquietude da miña terrible espera,
Eu, só quero en paz... sucumbir

IÑAKI BECEIRO CILLERO, 3º A

Ilustrador: Mar Saez. Banco de Imaxes INTEF.
Só saber que non haberá máis
Só querer, é case nada
Agora podo velo claro xa
Que cun “Adeus” todo pode acabar

Pranto e bágoas
Sorriso e gargalladas
É co que poden concluír
Dúas olladas

 A conta para dous
1 ollada              1 pregunta
2 gargalladas      2 aneis
3 saídas               3...
4 beixos              Ti podes decidir
5 caricias             como seguir.


ALBERTO RODRÍGUEZ FUENTES, 3º A


Imaxe: Obradorio de Xornalismo. IES "Concepción Arenal"
Unha rosa ti me deches
Como proba do teu amor.
Que desdita! Pois coñezo
A curta vida dunha flor

GALA DACOSTA DIEHL, 4º C


Un beixo por un beixo,
Unha rosa por unha rosa,
O meu refuxio a túa caricia,
Espellismo da túa risa
Que me deixa tras a brisa.

ÁNXELA VÁZQUEZ DOPICO, 4º 

10 de mar. de 2014

Sonetos Tutti Frutti

SONETO A UNHA GOMA
Por sempre doce e sinalada amiga,
de mil e unha cores, contornas suaves,
curvas sensuais e roces agradables,
a goma por todos tan requirida.

Ás veces en anacos consumida:
Que gran pena! Quen causa tales males?
Que gran pena! A morte aos culpables!
Mirádea soa, triste e dorida.

Esa limpa e destacada presenza,
(pois é así a forma en que te lembro)
Como me afondo na miña tristeza.

Tan grande dor provoca a túa ausencia
que compoño este meu pobre soneto,
que chora e clamo a túa beleza.

Carlos Rodríguez e Fran Núñez (1º Bach. D)


Gran día o catorce de febreiro:
Comeza o tan esperado All Star.
Esperto toda a noite debes estar
se o que pretendes é velo enteiro.

Pizza, delicioso compañeiro,
perfecto para á boca o levar.
Partido entre estrelas, é o All Star.
Haberá triples contra o taboleiro?

Unha fin de semana impresionante,
podes estar totalmente seguro
de que non será decepcionante.

Vai ser un partido interesante
vai ser un espectáculo puro,
o All Star será alucinante.

Antón Deive García (1º Bach. E)

Cando a ondaxe murmura o teu nome,
non podo evitar xirarme e buscarte.
O meu corazón non pode perdoarte
co teu corpo rozando o dese home.

Mais o pracer pode dominarme,
por que tan rápido olvidácheste?
Miña morte, ao velo agóchaste,
o vento á miña tumba levarame.

Libérame, co único que che pido:
un bico que me deixe sen alento,
para que así poida vivir tranquilo.

Inquedo, ti causas o meu tormento.
Cun sorriso xamais visto, ferido;
as miñas bágoas levaraas o vento.

Sofía Loureiro e Paula García (1º Bach. D)

Noticias de deportes din que son,
e do fútbol é do único que falan,
do resto de deportes tan só calan.
Isto xa parece unha obsesión!

Deportes nos que España é campión,
a este “xogo rei” xamais os igualan,
en judo ou esgrima nunca recalcan,
mais seguir na sombra é a única opción.

Se temos mil ouros en deportes,
por que centrar a atención nun só?
E dos demais non pór nunca aportes?

Porque, aínda que haxa recortes,
estar discriminado non é bo:
Deporte menor, fala, non te cortes!

Tomás Mucientes, Carlos Fraga, Ágata Nodar (1º Bach. E)

“Represento a todo home namorado,
encandilado pola túa beleza,
a auténtica raíña da sutileza
dos teus sorrisos quedo prendado”.

Isto dicíalle eu con franqueza,
un derradeiro bico da amada.
Mentres esvaraban bágoas de tristeza,
ela fitoume e marchou apresurada.

Dous anos sen ela, sigo en Galicia.
Díxenlle “volve” e foise coas flores,
agora no outono, estraño a ledicia.

Deume a vida a min, máis outros amores.
Quéroa ao meu carón, agardo a noticia
de que volva coa primavera e as cores.

Carlota Davila, Javier Díaz e Andrea Durán (1º Bach. D)

Este frío inverno aínda non cesou
pois este frío invernal segue aquí.
A miña saia preguntoume por ti,
e a miña cama aínda non te olvidou.

Dende que te vin, non podo olvidar
como era ese sabor dos teus bicos,
que os teus beizos formando dous picos
son os únicos que eu quero bicar.

Non podo acostumarme á túa ausencia,
non me abotoes xamais a camisa,
pois olvidarte require paciencia.

Á noite afógome na túa risa,
porque eu  morro sen ti e a túa paciencia,
porque o teu alento é como unha brisa.

Raquel Barro e Pablo Aneiros (1º Bach. G)

O amor asemella unha gran estrela
que todos nós queremos alcanzar,
ás veces cego, sen poder brillar,
outras loce intenso como unha vela.

Florece tamén como unha rosa amarela,
pero tamén se pode murchar,
mais non se debe descoidar;
ten matices, cores, como acuarela.

É xeo abrasador e lume xeado,
unha ferida, doe, non se sente,
un pequeno descanso moi descansado.

Unha liberdade xa encarcerada,
que dura intensa ata que remata,
dá felicidade, deixa soidade.

Sofía González (1º Bach.)

26 de xan. de 2014

Haikus

Citas célebres, aforismos, proverbios, parábolas, adiviñas, epitafios, sentencias, receitas, greguerías… Nunca faltou na historia da cultura unha tradición de culto á brevidade. Pero nestes tempos (postmodernos, disque…) de urxencias e lixeirezas (SMS, tuits, graffitis, post-it…), imponse a velocidade e triunfan tanto os microrrelatos na narrativa como os haikús na poesía. Que moderno Risco, que hai case un século aconsellaba haikús a Manuel Antonio; que actual Castelao coas súas “cousas” e os seus "retrincos",  Dieste cos seus contos ou Cunqueiro coas súas semblanzas…

Que que é un haikú? Un haiku é unha forma poética breve de orixe xaponesa. Escríbense segundo a tradición milenaria, en tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente, sen rima. Cunha extrema condensanción lírica e unha aparente sinxeleza, tratan de provocar emocións no lector por medio da xustaposición de imaxes. 


Os alumnos de 1º  Bacharelato do noso centro metéronse a poetas e crearon uns deliciosos e suxestivos haikus que merecen ser coñecidos. O tema: a literatura. Aí van uns cantos:

Paz, tranquilidade,
portas ao infinito.
Sempre ledicia.                                                                              
Antía de Santiago

Letras, palabras,
Os sentimentos vivos,
Amores, arte.                  
Sofía González Soto

Eternamente,
máis bonita, máis bela
Literatura.                                        
Carmen Campos Diaz

Son do mar azul
Dez letras ata ela
Medo xunto a ti.                                           
Alejandro  Muñoz

Andeis,
grandes e máis pequenos
Tamén paixóns.                                             
Sabela Mato Gómez

Sensacións, perdas
Atopadas no papel
Con tinta e pluma.                                                        
Marcos García Carballeira

Literatura
Sentimento, paixón
Puro encanto.                                                 
Bruno Torres López
                              
Conto falado,
Conto sempre contado.
Literatura.                                                                        
Sheila López Graña

Habilidade,
Expresións, letras, arte,
Literatura.                                                                        
Abril Meizoso Lamas

Os sentimentos
son a beleza da arte.
Literatura.                                                        
Paula Soler

Literatura,
Unha expresión artística
Da mente aberta.                                                         
Marina García Canedo

Literatura,
Escribir co corazón,
Un sentimento.              
Borja Porto López

A arte de verte,
Escrita no meu papel,
Literatura.         
Raquel Barro Meilán

Letras en follas,
emocións nas palabras,
Horas de lecer.                                               
Tomás Mucientes Sisto

Noite, tormenta,
lume, dragóns, historias,
Imaxinación.                                                    
Antón Deive García

Sol, vida e mar
no medio da tormenta
Sen saír da casa.                                                            
Alicia Malde García

Ambientación,
Sacando sentimentos
No corazón.                                                                     
Jorge Herminda Méndez

Viaxe nas épocas
contos, mitos, poemas.
novas ideas.                                                                    
María García Díaz

Vida en sons,
comezo, camiño, meta,
a arte, a cor.                                                                    
Carlos

Imaxinacións
Das nosas experiencias,
Liberalismo.                                                                     
Andrea Durán Veiga

Sentirse libre.
Orixinalidade
e imaxinación.                                                
 Lucía López Coria

Esas historias.
As nosas expresións:
A liberdade.                                                                    
Yolanda Lage Beceiro

Grandes recordos,
as letras das cancións.
Belas palabras.                                                               

Roberto González

31 de maio de 2013

A árbore das estacións

Tiña unha forte espiña pendurada,
saiba de experiencia corría por el.
Tiña luces douradas, sabor de mel,
e era de cor branca e amarelada.

Atopábase naquela estrada
de cementos e recordos de papel,
ninguén sabía nada da súa pel
pero a súa textura era cardada.

Follas que caen das súas secas ramas
e as tardes frías espertaban o ceo
cando o inverno cubría as súas canas.

Pasaron os anos e vólvese xeo.
Ventos de outono que deixan sen ganas,
Queda sen vida dun só titubeo.

SABELA MEIZOSO SANTIAGO
TANIA PÉREZ LÓPEZ
1ºA Bach

Máis alá do exterior

Hoxe a xente só pretende aparentar,
se sodes bos ou non, non lles interesa.
Así que, que non te enganen, princesa,
pois pensa sobre isto, ponte a meditar.

Esa xente debería escarmentar,
que non te trabuquen cunha promesa.
Pon as cousas claras sobre a mesa.
É algo que deberías comentar.

Non pretendas que miren o interior
porque esa non é a súa intención.
Odia á xente que se crea superior.

Fai que te aprecien polo teu corazón.
Non permitas que te fagan inferior.
Non lles deixes crecerse na súa emoción.

ANA PERMUY,
CRISTINA MARTÍNEZ,
ADRIÁN AMADO
 1ºA Bach

A chegada das redes sociais

Agora todo está informatizado
Internet é a base da sociedade
onde predomina a igualdade
e é o medio social máis utilizado.

Aínda así hai que ter coidado.
Hai que facelo con seguridade,
que hai moita xente que fai maldade
isto salta á vista de contado.

Para poder ir co resto da xente,
con tantos avances de tecnoloxía,
hai que actualizarse continuamente.

Antes desas cousas non había;
con todo isto, que é moi recente,
por fin poderemos estar ao día

ABRAHAM BLANCO
VERÓNICA MORENO
1ªA Bach.

Paro, crise, destrución

 En España xa non hai onde traballar;
moi poucos mozos teñen futuro.
Os anciáns xa non teñen nin un duro,
hai xa ata quen se quere suicidar.

Na elite hai quen máis cartos quere gañar
para estar cada vez máis seguro
de que non vai ter nin un apuro
e ata capital pode regalar.

A moitas folgas teremos que asistir
para que traballos comece a haber
e deste círculo vicioso saír.

Moitos políticos terán que admitir
que máis diñeiro lles gustaría ter,
aínda que os demais non poidan vivir.

ALEXANDRE DACOSTA,
NOELIA RAÑAL CANOSA
 1ºE Bach.

Soneto para ela


Teño unha cita cunha criatura.
Escoitar o seu nome ponme contento.
Lembrar o seu rostro é o meu sustento.
Non quero esquecer tal fermosura.

Vexo nela un mar cheo de frescura,
amada estrela do firmamento,
desexada dona do pensamento.
Non podo resistir esta loucura.

Gústame estar a soas con ela.
Mimoso co seu pelo xoguetear ,
como no mar o aire coa vela.

Tamén, cando queira, podela mirar.
Beleza máis preciosa e sinxela
que no meu mundo podes atopar.

JOHAN ESPEJO,
CARLOS SERANTES 

O meu camiño...

O meu camiño está cheo de tebras
que levo comigo desde o tempo ido,
tebras tan escuras coma as palabras,
palabras que a mente non dá esquecido.

No meu corpo perpetúanse as sombras,
mais aínda isto non está rematado.
Saen tamén do corazón as cobras
que fan de min un gran home asustado.

A miña xente comeza a esquecerte.
Pero, acouga, que non é para sempre,
a pesar desta dor, lograrei verte.

Permítesme unha visita na noite?
Un bico noso gardado en segredo
a pesar do escuro, ti fas que loite.

XEREZADE ANSEDES
LUCÍA DOPICO
CARLOS IGLESIAS
1º E Bach

O monstro e a dama

Sempre a amada esperou calada,
por aquel que  sentía tan querido
unido a el polo neno Cupido,
tanto esperar acabou cansa.

E disimulaba ser maltratada,
no seu rostro unha paisaxe florida,
mais na súa alma unha queixa dorida,
que tan só o coñecía a amada.

Bendito o día que se levantou
tan Valente e coa mente fría,
chegou á policía e denunciou.

Tempo despois outro home atopou;
ela con el desfrutaba, ela ría;
ela volveu namorar, e casou.

LEOPOLDO ÁLVAREZ
MARTA PIÑEIRO
1º A Bach

O noso maior privilexio

Seguide quitando quita, quitade
coma sempre, os nosos privilexios,
que son os nosos verdadeiros desexos.
Sinceramente, o que non amades,

como vós antes imaxinabades,
doces e tan educados pendellos,
pero fálase xa dende os castrexos,
veña, galeguiños, erradicade,

a nosa lingua nai: o galego.
Noxentos mal educados nenos,
Que din: “Eu? Veraneo en Sanguengo”,

Sodes todos verdadeiros borregos,
Iso non é sentimento galego.
Senón é: o que temos todos nós.

ROSALÍA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ
CANDELA RAMOS MACEIRA
1º Bach A

14 de abr. de 2013

Espera solicitada


"O bico da morte” de Jaume Barba (1930).
Cemiterio do Leste (Poblenou, Barcelona).
Por fin chegaches!
A túa caricia soñei,
dende que nacín che asubiei,
pero... amáchesme?


Fixéchesme ermitán.
Moves o teu alfil,
e o teu cariño de marfil
rendeu o rei, antano na man.


Cando xa non garde a miña lanza
apareces con belas perlas
eu agardaba con esperanza!
pero a túa visita atrasas,


que esperas da miña alma
que non descansa da pena,
cada noite dorme en cama
ulo o teu xélido aroma do xena.


busqueiche de mil maneiras
das que tolo, o meu corazón xea
pero o sabor das miñas condenas
manteñen fera a vela.


Incandescente a lúa
fría a herba,
o sol cada día unha cana
o vento atusa a súa barba,


E fálame con mirada serea
ante a miña sorpresa,
a que espero?, pregunta,
e o unico que teño
é tinta na miña vea.


Se mais non verei a túa mirada,
o meu reflexo no espello
de pulida a túa gadaña
vexo o meu despeito,


e unha rachada te deixo,
marco o teu papiro
que co meu sangue non me queixo,


e levaches a miña alma,
que o esperado foi axeitado
e o recordo do visto
non será esquecido.

SANTIAGO RICO MARTÍNEZ
4º ESA

2 de feb. de 2013

V de VENDETTA

Imos de camiño á folga
con pancartas e sirenas
con ira nas nosas voces
e con ganas de guerra.
Estamos cheos de rabia
non vos queremos dar pena
e seremos escoitados
pois non somos marionetas,
que non nos controlaredes
tamén o noso planeta.
Poden golpear máis e máis,
propio deste vil sistema,
que nos trata coma escravos.
Con paus e balas na pelexa,
contra a corrupción e a fraude
Será a nosa gran “vendetta”.


PABLO FERNÁNDEZ JIMÉNEZ,
ÁNGEL NIEBLA MONTERO,
OMAR ISMAIL GARCÍA
(2º Bach B)